Corresan
Corresan Portada

Regulamento

É un pracer presentarvos a “VIII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 2019, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo ou popularmente coñecido “running”.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de sub 10 [benxamíns] a máster [veteranos]) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.

A participación poderá ser individual ou formando parte de equipos, tanto federados como populares. Os escolares poderán a maiores formar grupos por centros escolares.

A continuación exporemos o regulamento xeral do circuíto, pero antes de rematar gustaríame animarvos a que tomedes parte deste proxecto que continua adiante por oitava vez, polo noso interese por promover a práctica libre do deporte na cidade de Compostela.

A Concelleira
Esther Pedrosa Carrete

REGULAMENTO XERAL

A oitava edición do circuíto de carreiras CorreSAN constará de 4 probas que se disputarán nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2019.

En cada proba haberá un percorrido para escolares das categorías Sub 10 e sub 12, un percorrido para as categorías sub 14 e sub 16, e outro para adultos a partir da categoría sub 18. As probas comezarán de xeito habitual polas probas de escolares e rematarán coa disputa da proba de adultos. Os horarios e circuítos das carreiras serán comunicados na semana anterior á disputa das mesmas nas páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.corresan.com .

Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e empregarán o sistema de chip-dorsal que deberá conservarse durante o transcurso do circuíto para os atletas que se inscriban nas 4 probas na modalidade de circuíto, e poderá reciclarse no caso de atletas que só se inscriban a unha proba independente.

Todos os atletas inscritos no circuito que perdan este elemento deberán aboar a cantidade de 3 € para adquirir un novo dorsal – chip.

CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN INDIVIDUAIS

As categorías* de participación individuais serán as seguintes:

SUB 10Nadas/os en 2010 e 2011
SUB 12Nadas/os en 2008 e 2009
SUB 14Nadas/os en 2006 e 2007
SUB 16Nadas/os en 2004 e 2005
SUB 18Nadas/os en 2002 e 2003
SUB 20Nadas/os en 2000 e 2001
SUB 23Nadas/os en 1997, 1998 e 1999
SENIORDe 1995 ate máster
MASTER 1De 35 a 44 anos
MASTER 2De 45 a 54 anos
MASTER CDe 55 anos en adiante

E = Escolares: (sub10, sub12, sub14  e sub16

A = Adultos: (dende sub 18 a máster)

*Ás categorías deste circuito manteranse durante todo o transcurso do circuíto.

MODALIDADE DE PARTICIPACIÓN POR EQUIPOS

As categorías de participación por equipos serán as seguintes (non se poderá duplicar a participación nun club federado e equipo popular ou nun centro escolar e club federado)

Tampouco un mesmo equipo poderá ter dúas ou máis seccións (A, B, …):

CLUBS FEDERADOS ADULTOSAtletas con licencia federativa
EQUIPOS POPULARES ADULTOSCorredores con ou sen licencia federativa
CENTROS ESCOLARESCorredores pertencentes a centros escolares
CLUBS ESCOLARESCorredores escolares pertencentes a clubs federados

CLASIFICACIÓNS

En cada proba establecerase unha clasificación individual por orde de chegada. Os participantes no circuíto levarán un número de puntos igual ao posto obtido en cada carreira SÓ TENDO EN CONTA OS PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUÍTO, de xeito que o primeiro clasificado obterá 1 punto, o segundo clasificado 2 puntos e así sucesivamente … OS ATLETAS QUE NON PARTICIPEN NALGUNHA PROBA DARÁSELLE UN NÚMERO DE PUNTOS IGUAL AO NÚMERO TOTAL DE PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUÍTO NA MESMA, DE XEITO QUE NON OBTEÑAN VANTAXE ALGUNHA DA NON PARTICIPACIÓN.
Para tomar parte nas clasificacións finais de circuíto, os participante deberán completar un mínimo de 3 das 4 probas do circuíto.

Tamén se poderá participar inscribíndose soamente a calquera das catro probas do circuíto sen participar como “inscrito en circuíto” nin na súa clasificación.

Haberá unha clasificación de cada carreira e unha xeral do circuíto en cada categoría, que será modificada despois de cada carreira. A clasificación do circuíto realizarase en orde inverso, segundo se teña un menor número de puntos.

NA CLASIFICACIÓN FINAL INDIVIDUAL DO CIRCUÍTO ELIMINARASE O PEOR RESULTADO OBTIDO NAS 4 PROBAS DO CIRCUÍTO.
PARA A CLASIFICACIÓN FINAL DE CLUBS E EQUIPOS POPULARES APLICARASE A SUMA DOS 4 MELLORES RESULTADOS DOS 4 MELLORES ATLETAS QUE OS COMPOÑAN.

OS EQUIPOS ESTARÁN FORMADOS POR UN NÚMERO MÍNIMO DE 6 COMPOÑENTES, SEN DETERMINAR UN NÚMERO MÁXIMO.

Tamén estableceranse dous tipos de clasificacións:

  • Clubs federados, sumando os puntos obtidos polos 4 mellores compoñentes do Club que deberán estar inscritos todos na modalidade de circuíto e completar 3 das 4 probas (imprescindible realizar a inscrición reflexando o mesmo nome de equipo no formulario habilitado).
  • Equipos populares, nos cales poderán entrar atletas federados e non federados formando equipos. Imprescindible realizar a inscrición reflexando o mesmo nome de equipo no formulario habilitado.
  • Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos. Non se admitirán equipos mixtos nestas clasificacións.

As clasificacións dos clubs federados escolares e centros escolares realizarase unicamente por criterios de participación.

CALENDARIO DE PROBAS E CIRCUÍTOS

As probas celebraranse nas datas que se expoñen a continuación. Os circuítos serán expostos nos días previos á celebración da carreira nas páxinas web: 

www.corresan.com, www.carreirasgalegas.com www.atletismo.gal.

DATA PROBA DISTANCIAS APROX.
21 de Setembro CORRESAN
NOCTURNA – CIDADE VELLA
1010 m (E1)
1750 m (E2)
5500 m (A)
12 de Outubro CORRESAN
RUTA DA PRATA
ANGROIS
1205 m (E1)
2310 m (E2)
5210 m (A)
03 de Novembro CORRESAN
RUTA DOS PARQUES
1645 m (E1)
2520 m (E2)
5700 m (A)
07 de Decembro CORRESAN
BARRIO DE SAN PEDRO
1200 m (E1)
2000 m (E2)
5000 m (A)

E1= ESCOLARES Sub 10 – Sub 12 A= ADULTOS
E2= ESCOLARES Sub 14 – Sub 16

INSCRIPCIÓNS

INSCRICIÓN INDIVIDUAL: A inscrición nas 4 probas do circuíto (opción recomendable), tanto para escolares como para adultos, poderán realizala a través da seguinte vía:

ONLINE

A través da páxina web www.corresan.com (páxina oficial do circuíto) e www.carreirasgalegas.com

INSCRICIÓN POR CLUBS FEDERADOS, EQUIPOS POPULARES E CENTROS ESCOLARES

Todos os clubs federados, tanto de adultos (de xuvenil en adiante) como de atletas escolares, equipos populares de adultos e centros escolares (categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16 [benxamín, alevín, infantil e cadete]) que desexen entrar nos premios outorgados a eles deberán remitir un correo electrónico á dirección info@corresan.com indicando a súa intención de tomar parte nestas clasificacións e adxuntando o listado dos atletas que comporán o club federado, equipo popular ou centro escolar. Ditos atletas deberán estar inscritos individualmente e de xeito previo o inicio das probas indicando claramente o nome do club, equipo popular ou centro escolar. É moi importante que os atletas poñan correctamente E ESCRITO DO MESMO XEITO o nome do club, equipo ou centro escolar.

PREZOS DA INSCRIPCIÓN

ESCOLARES (de sub 10 (benxamín) a sub 16 (cadete) GRATUITA
ADULTOS (de sub 18 (xuvenil) a máster (veteráns))
Xeral nas 4 probas do circuíto
Inscrición individual por proba:
24€
6€

Coa inscrición xeral no circuíto na categoría de adultos, estarán convidados a participar na carreira San Silvestre do 31 de decembro (PROBA NON PUNTUABLE NO CIRCUÍTO). Ademais os participantes adultos e escolares, recibirán unha camiseta técnica conmemorativa do circuíto e un dorsal-chip coa que poderán participar nas 4 probas e que poderán recoller no lugar indicado na páxina web www.corresan.com previamente a disputa da primeira ou segunda proba. Os atletas que se inscriban individualmente en cada proba NON PERCIBIRÁN CAMISETA POLA SUA PARTICIPACIÓN.
O dorsal empregarase para as 4 probas e deberá conservarse axeitadamente en todas as probas do circuíto.
Os participantes de cada proba individual que non se inscribiran no circuíto só recollerán o dorsal na zona de saída de cada proba, agás na 1ª que se recollerá no mesmo lugar que os participantes no circuíto.

CALENDARIO DE INSCRIPCIÓNS

A inscrición xeral no circuíto CorreSan (4 probas) abrirá o martes 3 de setembro e pecharase o mércores 18 de setembro ás 14 horas. Abrirase un 2º prazo antes da carreira CorreSan Ruta da Prata – Angrois

A inscrición individual en cada proba do circuito terá o seguinte calendario de inscricións:

CorreSan – Nocturna Cidade VellaInscrición do 3 de setembro ao 18 de setembro
CorreSan – Ruta da Prata-AngroisInscrición do 24 de setembro ao 10 de outubro
CorreSan – Ruta dos ParquesInscrición do 15 de outubro ao 31 de novembro
CorreSan – Barrio de San PedroInscrición do 5 de novenbro ao 4 de decembro

PREMIOS

Os premios ó circuíto serán entregados nas semanas posteriores á conclusión da derradeira proba nunha gala xeral do circuíto 2019.

Outorgaranse premio aos 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento.

Tamén se entregarán premios especiais aos 3 primeiros clasificados das clasificacións xerais de escolares e de adultos.

Os 3 centros escolares e clubs federados que acheguen máis participantes á categoría de escolares percibirán premio especial.

Os 3 clubs federados MASCULINOS e FEMENINOS e os 3 equipos populares MASCULINOS e FEMENINOS que obteñan menos puntos na clasificación das probas do circuíto (sumando os puntos dos seus 4 mellores compoñentes).

Para poder tomar parte nestas clasificación é imprescindible inscribirse indicando o nome do club ou equipo ou centro escolar (escrito do mesmo xeito) no formulario e remitir ao correo info@corresan.com o listado cos compoñentes dos mesmos.

TODA A INFORMACIÓN RELATIVA A CIRCUÍTOS, LUGARES DE RECOLLIDA DE DORSAIS, ETC. PODERÁ CONSULTARSE NAS PÁXINAS WEB: www.carreirasgalegas.com
www.corresan.com
www.atletismo.gal

Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.

RESPONSABILIDADE:

A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes ás probas do circuíto.

LOPD:

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

NOTA:

Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 – 15008 A Coruña.