Corresan
Corresan Portada

Chega a terceira proba do Circuito: CorreSan Ruta dos Parques

?Atención?

✍️ Tomade nota ✍️ que aquí tendes os percorridos da CorreSan Ruta dos Parques, e veñen cunha leve modificación do percorrido da proba absoluta que accede ao Bosque de Galicia na parte posterior das Torres Hejduk.? Horario das probas:

* 11.00 horas -> Proba absoluta con saída na Cidade da Cultura de Galicia e meta no Parque Eugenio Granel. 6 km aprox.;
* 12.00 horas -> Escolares 1 (sub 10 – sub 12). Saída e meta no Parque Eugenio Granel. 1 volta ao circuito de escolares. 1,25 km.
* 12.20 horas -> Escolares 2 (sub 14 – sub 16). Saída e meta no Parque Eugenio Granel. 2 voltas ao circuito de escolares. 2,4 km.

? Servizo de autobuses:
– A partir das 10.00 horas poderase coller o autobús na rotonda de Pontepedriña, a carón da liña de meta.

? Servizo de roupeiro:
– En saída e meta.

? Servizo de duchas e vestiarios:
– No polideportivo de Pontepedriña en horario de 10 a 14 horas.

? Recollida de dorsais: – farase no lugar de meta e antes de coller os autobuses.

Inscríbete a través desta web!!.